23.7.10

Porto do Son: os socialistas revelan se anulou a obra de remodelación da fachada marítima hai máis de oito meses e a Xunta ocultouno

Os socialistas pedirán a dimisión de Álvarez-Campana (segundo pola esquerda) por este caso

Lage Tuñas considera que Álvarez-Campana enganou aos veciños de Porto do Son e ao goberno municipal e que se burlou deles

Porto do Son, 23 de xullo de 2010.-O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas vén de revelar que o Ente Público Portos de Galicia anulou fai oito meses a obra de remodelación do borde interior na fachada marítima de Porto do Son adxudicada por parte de Portos de Galicia en xullo de 2009. Lage Tuñas denuncia “o engaño de Portos de Galicia que falou nos pasados días de introducir melloras na obra a través dunha comisión social cando a realidade é que fai oito meses que anularon a adxudicación da obra”.

O viceportavoz do PSdeG entende que “é un feito gravísimo a ocultación dunha decisión tomada fai máis de oito meses. A Xunta ten anulada a adxudicación da obra de Porto do Son, e levan mantendo oculta esta decisión dende fai meses, sin responder ás nosas preguntas nin atender á nosa petición de que se executara a obra”. Lage Tuñas recordou que “de terse executado tal e como está previsto, a obra tería que estar rematada no mes de xullo de 2010 segundo recolle a resolución de adxudicación da citada obra, xa que a empresa adxudicataria tiña ofertado executar a obra nun período de 12 meses”.

Lage Tuñas cree que “esta ocultación é unha burla que non debemos consentir, porque se faltou ao respecto ao parlamento ao ter negado a información por silencio administativo, ao concello de Porto do Son que ten pedido diferentes reunións para solicitar a execución da obra, e a conxunto dos veciños de Porto do Son que ven como o Partido Popular arbitrariamente anula unha obra necesaria e moi demandada dende fai tempo”.

Gato encerrado. Tamén enganou ao PP local?

Lage Tuñas di que “ao final demóstrase que había gato encerrado tal e como eu mesmo adiantei no Parlamento galego a pasada semana. Agora o que hai que preguntar é se o Partido Popular en Porto do Son estaba ao tanto e era cómplice desta decisión ou se polo contrario descoñecían esta decisión. Trátase de saber si Álvarez Campana contaba co silencio cómplice dos seus compañeiros do Partido Popular de Porto do Son ou se tamén enganou aos concelleiros do PP de Porto do Son”.

O deputado do PSdeG daba a coñecer a pasada semana que unha obra adxudicada fai máis dun ano por parte da Xunta de Galicia aínda non comezara a executarse, e entendía que "era necesaria unha explicación urxente por parte do goberno galego despois de meses de silencio e falta de transparencia por parte do Presidente de Portos de Galicia”. A explicación non chegou porque non a había. Había gato encerrado, tiñan anulada a obra fai meses e mantiverono en silencio, ocultandollo á poboación, o que é gravísimo”, argumentaba Lage Tuñas.

Porto do Son, peirao


Petición de responsabilidades

Asemade, o viceportavoz do PSdeG anuncia que no mes de setembro, cando dea comezo o novo período de sesións no Parlamento, "esixiremos a comparecencia do Presidente de Portos de Galicia para que explique os motivos polos que ocultou a anulación da obra e a súa paralización durante un ano enteiro”.

Lage Tuñas entende que “o Presidente Feijóo vai ter que tomar decisións inmediatas se non quere verse envolto nun problema moi serio. Apelamos ao restablecemento do respecto institucional e pediremos que o Presidente de Portos de Galicia explique porque ocultou durante máis de oito meses que a Xunta tiña anulada a adxudicación da obra de Porto do Son. Agardamos que haxa decisións inmediatas e se depuren responsabilidades”.

”Estamos vendo como o Partido Popular dende a Xunta de Galicia anula arbitrariamente unha obra que eles mesmos adxudicaran. Mantiveron silenciada esta decisión, cunha absoluta falta de transparencia. Imaxino que lles dará vergonza, non é para menos”, engadiu Lage, que rematou considerando que “serán precisas moitas explicacións e moi clariñas, porque a forma de actuar con esta inversión de case 3 millóns de euros é impropia dun goberno democrático, pola ocultación e pola absoluta falta de transparencia”.


Antes publicamos:
Gato encerrado, co G de Gürtel

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical