23.7.10

Ribeira: instan a construír con urxencia a nova praza de abastos

O PSdeG-Psoe insta nunha proposición non de lei no Parlamento a que a Xunta de Galicia e o Concello doten unha partida no orzamento e contrúan con celeridade esta instalación, prometida xa en 2007 polo actual alcalde, Torres Colomer.


Ribera, 23 de xullo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, vén de presentar unha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galicia para impulsar a construcción dunha nova praza de abastos en Ribeira, atendendo ás demandas feitas dende fai anos polas placeiras e placeiros ribeirenses.

Lage Tuñas expón na súa inciativa parlamentaria como “O pasado 8 de Febreiro de 2007 o alcalde, José Luis Torres Colomer (PP) presentara aos medios de comunicación un proxecto de mercado “virtual”, para ubicalo no Peirao”. Explica que “a dia de hoxe os cidadáns de Ribeira non saben nada daquela promesa “electoral”. O viceportavoz do grupo socialista denuncia “a penosa situación da praza de abastos, que non é propia dun concello coma Ribeira con 30.000 habitantes e un dos principais portos pesqueiros de referencia de Galicia”.


Á vista de que pasada a cita electoral a idea de construír un novo mercado diluiuse, os placeiros e placeiras iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas esixindo unhas novas instalacións. Lage Tuñas recordou hoxe que “xa no 2008 as placeiras e placeiros de Ribeira recolleron máis de 2.200 sinaturas pero para o PP foi como se oíran chover. O PP non fixo absolutamente nada por atender as demandas de construcción dunha nova praza de abastos e aos feitos nos remitimos”.

Agora en 2010, novamente os placeiros e placeiras insisten na necesidade de contar cun novo edificio, pois din con toda claridade que o actual mercado non reúne as condicións necesarias de salubridade, accesibilidade e estética, segundo contan“, aduciu. Dende o PSdeG expoñen que @s placeir@s demandan cámaras frigoríficas para gardar o peixe, e piden que se cumpran as reiteradas promesas feitas polo Goberno Local.

O deputado do PSdeG pregúntase “onde quedou o proxecto virtual que presentou Torres Colomer o 8 de Febreiro do ano 2007, ou era só un truco de maxia?”

Os socialistas galegos consideramos necesario impulsar a creación dunha nova praza de abastos no concello de Ribeira e con este obxecto dirixímonos á Xunta de Galicia para demandar a inclusión nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2011 dunha partida económica destinada á construcción dun novo mercado en Santa Uxía de Ribeira”, propón José Manuel Lage.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical