7.7.10

Política: piden que se explique no Parlamento que se aclaren as xestións e os cartos para a visita do Papa en novembro

O PSdeG-Psoe pide que o conselleiro de Administración Pública, Alfonso Rueda, explique "que tipo de concurso público convocou para contratar a organización das actividades da Xunta na visita de Bento XVI a Compostela".



A Xunta anunciou que vai gastar 4 millóns de euros nunha estadía de 8 horas do Papa, cando as tarefas de seguridade xa as cobre o Estado

Santiago. 7 de xullo de 2010.- Os deputados socialistas José Manuel Lage Tuñas e Xoaquin Fernández Leiceaga, rexistraron hoxe unha iniciativa parlamentaria para pedir que o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, acuda ao parlamento e explique en sede parlamentaria “que procedemento seguiu para a contratación da organización das actividades que a Xunta de Galicia quere organizar con motivo da visita de Bento XVI no vindeiro mes de novembo a Compostela”.

O viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas entende que o conselleiro da Presidencia “debe detallar e explicar ben que tipo de actividades van consumir 4 millóns de euros da Xunta de Galicia, xa que debemos recordar que as tarefas de seguridade están cubertas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

Segundo trascendeu, no interior da Catedral só se permitirán 700 persoas escollidas durante o escaso tempo que vai pasar o teócrata Bento XVI en Santiago

Os deputados do PSdeG pregúntanse “se Feijóo e Rueda consideran “austeridade” o gasto de 4 millóns de euros na organización de actividades paralelas á visita de Bento XVI”.

Fernández Leiceaga e Lage Tuñas tamén queren saber cal é o motivo polo que Rueda subcontrata a organización das actividades da Xunta de Galicia para a visita de Benedicto XVI e “ cal é o procedemento transparente e aberto que seguiu o conselleiro Rueda para contratar a un avogado determinado a través dunha asistencia técnica”.

Lage Tuñas di que ”a falsa austeridade ten caracterizado boa parte dos discursos baleiros pronunciados polos Sr. Rueda e Núñez Feijóo durante o primeiro ano de mandato ao fronte da Xunta de Galicia, por iso sería bó que se fixera unha explicación detallada de como vai gastar recursos públicos, de tódolos cidadáns, neste evento.” explicaba hoxe José Manuel Lage, portavoz da área institucional do Grupo Socialista.

Os andamios do Pórtico vanse retirar case na súa totalidade pola visita de Bento XVI

Os socialistas galegos consideramos importante que o Sr. Rueda explique os gastos que vai asumir a Xunta de Galicia e a subcontratación feita para a organización das actividades da Xunta de Galicia durante a visita de Benedicto XVI a Santiago de Compostela, tendo en conta que son recursos públicos adicados a un acontecemento relixioso, e que estamos nun Estado laico”, expresan os dirixentes socialistas na súa iniciativa parlamentaria.

”Cabe recordar que xa o Estado, a través do goberno de España, asume en visitas destas características os gastos máis relevantes para preservar a seguridade dun Xefe de Estado”, remacha Lage Tuñas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical