7.7.10

Ribeira: a escola de Remo da Cofradía da Dorna, avante a toda

Dende o pasado día 2 de xullo e tal e como nos propuxemos fai uns meses, Ribeira conta cunha escola de remo na que poden participar nenos e adultos.
Esta organizada conxuntamente pola Cofradía da Dorna, o Concello de Ribeira, o Clube de Remo Pobra, e o Clube Náutico de Ribeira.
Xa participan dela máis de 20 rapaces (22 a día de hoxe) e non se descartan futuras incorporacións que poñan en valor a escola e este deporte.
Esta disciplina deportiva veu a incorporarse logo dun amplo esforzo por parte de tódalas partes, e énchenos de satisfacción a todos ve-la boa acolleita que tivo entre os Ribeirenses.

Vendo o interés dos participantes -entrenan 3 días á semana (luns, mércores e venres); dúas horas cada día (de 11:00 a 13:00 h.)- trataráselle de dar continuidade ó proxecto, sempre que ese interese non decaia.
De momento ahí quedan estas imaxes que dan fé do bo discurrir destas primeiras paladas que está a dar a Escola de Remo.
Dende a Cofradía da Dorna querémos darlle ánimos ós que xa están participando dela, e animar ós que desexan anotarse (Auditorio Municipal - Oficiña de Deportes, de 9.00 h - 14.00

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical