As longas exposicións ao sol poden derivar en cancro de pelRibeira, 1 de xullo de 2010. A asociación española contra o Cancro (Aecc) e uns laboratorios dermatolóxicos organizan o vindeiro luns, 5 de xullo, unha charla informativa baixo o título "Tu piel no tiene recambio". Trátase de informar sobre as consecuencias de longas exposicións ao sol e a súa incidencia no cancro de pel (melanoma), así como os xeitos de previr esta doenza que, segundo os expertos, cada ano vai a máis. A charla terá lugar no salón de actos da aula multimedia, situado no edificio da confraría de pescadores de Ribeira (avenida do Malecón), ás sete e media da tarde. O conferenciante é un farmacéutico. A presidenta da xunta local da Aecc de Ribeira, Ana Sampedro, anima aos ribeirenses e aos visitantes en xeral a que se acheguen e se informen.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario