Ribeira, 15 de xullo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, vén de pedir que a Xunta “resolva con urxencia o déficit de persoal que existe no Hospital do Barbanza” a través dunha Proposición Non de Lei presentada no día de hoxe. Os deputados Lage Tuñas, Fernández Leiceaga e Pose Mesura teñen recollido deste xeito unha parte importante das demandas do comité de empresa do Hospital do Barbanza, e demandarán no Parlamento de Galicia que se incremente o número de celadores/as de dito centro hospitalario (ou sexa, que se dote desta categoría, pois non existe aínda).
Concentración do 30 de maio para pedir celadores
O parlamentario socialista defende que se mellore a calidade asistencial do Hospital do Barbanza “dado que os cidadáns desta área sanitaria non deben ser tratados como cidadáns de segunda, senón que teñen os mesmos dereitos que os que habitan nas cidades”. Lage Tuñas cre que “é urxente que a Xunta tome decisións e nós acabamos de propoñer no Parlamento que se incremente o número de celadores/as no Hospital do Barbanza para mellorar a asistencia sanitaria e pedímoslle ao goberno galego que escoite as reivindicacións do comité de empresa”.
”Fai meses que o goberno galego coñece as reivindicacións dos traballadores e traballadoras do Hospital do Barbanza, e polo de agora non deron un só paso adiante nin deron explicacións do que teñen pensado facer, e cómpre que se adopten decisións inmediatas”, engadiu o deputado do PSdeG, que recordou que “o hospital da cobertura a unha poboación potencial de 70.000 habitantes e a lentitude da asistencia nalgúns casos débese á falta de celadores/as, e a sobrecarga de traballo que están sufrindo @s auxiliares de enfermería”.
O deputado barbanzano di que “os socialistas facemos esta proposta con ánimo constructivo e pedímoslle á Consellería de Sanidade que resolva antes da fin da tempada estival o déficit de persoal que hai no Hospital do Barbanza”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario