A exposición, de carácter itinerante, está organizada pola Deputación da Coruña
Boiro, 19 de outubro de 2010. Preto dun centenar de imaxes, na súa maioría inéditas, sobre a Guerra Civil española, realizadas polos fotógrafos integrados no colectivo Irmáns Maio exhíbense desde mañá mércores, 20 de outubro, na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro. “Irmáns Maio. A Guerra Civil Española” é unha iniciativa da Deputación da Coruña, que conta coa colaboración do Ministerio de Cultura e que está a percorrer diversos municipios da provincia. A mostra está conformada por preto de cen fotografías da Guerra Civil captadas, coas súas cámaras Leika, polos cinco representantes dos colectivo Irmáns Maio, que durante máis de sete décadas permaneceron nos arquivos da Biblioteca Nacional. Son imaxes, en branco e negro, dos combatentes da 43 División, dos presos republicanos no cárcere de Carabanchel, das trincheiras do Ebro, da fronte de Guadalaxara e de Madrid, e outras que reflicten a realidade social dun país en guerra que foron recuperadas para ser expostas en distintos concellos da provincia. Quenes eran os "Irmáns Maio"? Mire na WikipediaEsta mostra estivo no Festival Olladas de 2008, do que teñen un vídeo en Youtube:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario