As actividades na piscina serán os venresBoiro, 19 de outubro de 2010. A Deputación da Coruña, dende a Comisión de Benestar Social, e a asociación Alcer Coruña (Asociación de Loita Contra as Enfermidades de Ril) en colaboración co Concello de Boiro, van poñer en marcha o programa 'Bule con Alcer', unha iniciativa que ten como finalidade promover a actividade física e social desenvolvendo un programa que proporciona beneficios físicos, psicolóxicos e sociais á poboación con enfermidades crónicas, como diabete, enfermidade de Crohn, lupus ou fibromialxia, entre outras. O obxectivo é proporcionar hábitos de vida saudables, ademais de facilitar as ferramentas necesarias para a realización da práctica regular do exercicio físico con autonomía. Outro dos aspectos novidosos é a posibilidade da inclusión dos familiares das persoas enfermas, producindo un beneficio que impacta no círculo próximo relacional do/a participante. O programa desenvolverase os martes e xoves de 17.30 a 18.30 horas no Pavillón deportivo da Cachada (sala de actividades) e os venres de 17.30 a 18.15 horas na Piscina municipal (Cachada).En canto á natureza concreta das actividades, os responsables de 'Bule con Alcer' subliñan que haberá actividades físicas en terra (pilates, ioga, stretching ou ritmo) e acuáticas; todas elas en grupo, pero con programación individualizada e adaptada ás patoloxías crónicas das persoas participantes para minimizar os riscos para a súa saúde" O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Boiro (Praza do Concello, 2º andar) ou ben no teléfono 981 844 808, Ext. 257A data de comezo da actividade será no momento que se inscriban o número mínimo de participantes para realizala.
Alcer ten web e publica unha revista
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario