Haberá que ser orixinal e fuxir da típica e simple -pero riquísima- receita ao vapor
Boiro, 7 de outubro de 2010. A Concellería de Turismo do Concello de Boiro desenvolve este outono, como xa informamos, o Plan de Desestacionalización Turística do Mexillón de Boiro, subvencionado polo Plan de Acción Costeira. Dentro do programa de actividades deste proxecto terá lugar, entre os vindeiros días 28 e 30 de outubro un concurso de tapas con mexillón de Boiro. Hai 1.250 euros en premios para os hostaleiros que mellor preparen tapas con este bivalvo.
Trátase dunha iniciativa na que están convidados a participar tódolos locais hostaleiros do concello e coa que se busca dar maior visibilidade aos produtos do mar da zona e tamén á oferta hostaleira local.
Antes publicamos:
Gastronomía: segundo obradoiro sobre cociña e mexillón
Mexillón: protagonista gastronómico e turístico en outono
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario