7.10.10

Noia: os socialistan pídenlle a PP e Bng que retiren a súa pinza para que o Ministerio poida limpar a Ría


Noia, 7 de outubro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage Tuñas, presentou hoxe unha iniciativa no Parlamento de Galicia co obxecto de impulsar os traballos de limpeza e rexeneración da ría de Noia. Lage Tuñas pediulle a BNG e PP "que retiren as súas propostas para bloquear o proxecto do Ministerio e sumen esforzos co goberno municipal para conseguir a limpeza e a rexeneración da ría de Noia”.

Na iniciativa parlamentaria pidese ao goberno da Xunta de Galicia que faga público o informe de rectificación de Portos de Galicia entregado o pasado 8 de setembro na dirección xeral de Costas co obxecto de facilitar a execución do proxecto do Ministerio de Medio Ambiente para a limpeza e rexeneración da Ría de Noia a partir da demolición do canal da escollera. “Despois da rectificación de Portos de Galicia, pídolle ao PP noiés e ao BNG que deixen de poñer paus nas rodas porque o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente é un primeiro paso para facer posible a limpeza e rexeneración da ría”, sinalou Lage, quen tamén fixo un chamamento á colaboración dos grupos políticos “para que Noia non saia perxudicada e para recuperar o tempo perdido. Os cidadáns agardan responsabilidade e traballo a favor das inversións para Noia, e entenden mal que haxa liortas políticas para frenar as inversións”.

2.000 postos de traballo directos


O deputado noiés do PSdeG-PSOE defende o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente como “un primeiro paso para a limpeza e rexeneración da ría de Noia” e advirte que ““Noia non se entendería hoxe en día sen a súa actividade principal, que é o marisqueo, e por iso é necesario que se actúe con responsabilidade e pensando no interese xeral.” Lembra tamén que “a riqueza marisqueira da ría de Noia é a principal fonte de ingresos da economía local e comarcal xa que estamos a falar dun sector que mobiliza de xeito directo preto de 2.000 postos de traballo ademais dos indirectos que se derivan desta actividade económica.”

Lage Tuñas incide no impacto económico do marisqueo e recorda que “a Confraría de Noia factura entre 11 e 13 millóns de euros pola actividade marisqueira, por iso é fundamental que non se retrasen máis os proxectos de saneamento e depuración de augas residuais por unha banda e por outro lado o proxecto de limpeza e rexeneración da ría que permitirá recuperar zonas improductivas agora mesmo.”

Segundo o parlamentario socialista, "a posibilidade de conseguir facer zonas productivas de marisqueo a partires do proxecto do Ministerio de Medio Ambiente de limpeza e rexeneración da ría de Noia, ten un importante significado económico e impacto no ámbito laboral, xa que permitirá incorporar a máis persoas a actividade marisqueira, mellorando tamén os salarios percibidos.”

Críticas ao PP e Bng por "obstrucionistas"
"Que abandonen a tolemia de opoñerse ás inversións"

”O señor. Pérez Insua, candidato do PP, debería pensar menos en que fomos os socialistas os que conseguimos as inversións, e pensar máis no interese xeral do pobo de Noia, porque non hai que mirar quen o consegue, senón no beneficio para Noia”, apuntou Lage Tuñas. O deputado do PSdeG tende a man a BNG e PP “para que abandonen a súa posición obstrucionista” e recorda que “durante tres anos seguidos a oposición municipal en Noia non abriu a boca e non tivo opinión sobre o proxecto de limpeza e rexeneración da ría.

“O proxecto foi público, coñecido, e estivo a disposición de que o quixera consultar nas súas diferentes fases de tramitación, pero casualmente é ao final do proceso, a piques de dar o paso definitivo da súa execución, cando se opoñen tanto o goberno galego que preside Alberto Núñez Feijóo, e os grupos municipais do BNG e do PP en Noia. Penso que esta forma de actuar supón unha falta de respecto e unha tomadura de pelo aos veciños de Noia, ademais dunha gran irresponsabilidade”, sentenciou Lage.

”Comparto coa Confraría e cos empresarios de Noia as súas reivindicacións e teño que decir que dende o PsdeG-PSOE sempre apoiamos tódolos proxectos de inversión para Noia, tanto co PSdeG na Xunta como agora co PP. Os proxectos de interese xeral para as noiesas e os noieses son para nós o máis importante, por iso volvo facer un chamamento ao PP e ao BNG para que abandonen a tolemia de opoñerse a tódalas inversións que está conseguindo o alcalde e o grupo de goberno, e apoien o noso traballo nas institucións”.

“O compromiso do goberno de España para invertir na limpeza e rexeneración da ría de Noia estivo sendo saboteado durante estos últimos meses por dúas organizacións políticas (BNG e PP) coa complicidade da Xunta de Galicia e penso que é hora de que deixen de ser un obstáculo e traballen conxuntamente co goberno municipal para que Noia non siga perdendo oportunidades”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical