Árbore da Ciencia, no retorado da USC en Santiago A Pobra do Caramiñal, 21 de outubro de 2010. As Xuventudes Socialistas da Pobra emitiron unha nota de prensa na que critican o baixo orzamento do Plan de Finanzamento Universitario proposto pola Xunta de Galicia. Nota íntegra:"Unha vez máis, o Partido Popular demostra ter unha visión exclusivamente mercantilista da educación. Primeiro realiza un ERE encuberto coa reagrupación do alumnado e a diminución de prazas e agora ataca ao sistema universitario.
No plan anterior o SUG (Sistema Universitario de Galicia) recibiu 2209 millóns entre o 2005 e o 2010 por parte de Xunta agora, o SUG pasará a recibir 2000 entre os 2010 e 2015. De tal xeito a universidade unha vez máis verá a súa capacidade de traballo mermada por non contar co orzamento suficiente. Entendemos o SUG como unha inversión de futuro, investir no SUG é investir nos futuros profesionais do país, polo tanto non entendemos que se reduza o presuposto habendo proxectos inútiles e visitas inútiles como a Cidade da Cultura.
Na actualidade a universidade atópase inmersa no plan Boloña, plan que para poder funcionar con garantías require que o nivel de investimento na universidade se equipare ao das grandes potencias. Con este obxetivo o goberno galego anterior acordou chegar a adicar 1,0 do PIB a financiar a universidade (actualmente 0.7%). O PP agora renuncia a chegar a esta cifra.
XSG da Pobra manifesta o seu total desacordo con este Plan de Finanzamento. Cremos que o PP agóchase detrás crise para realizar unha práctica habitual: a de recortar os servizos públicos. Á vista destas medidas podemos concluír que ao PP non lle interesa o máis mínimo a Educación, nin que todos os galegos e galegas teñamos a posibilidade de acceder a unha educación superior de calidade".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario