Ribeira, 8 de outubro de 2010. O vindeiro sábado 16 de outubro, no edificioi do CIELGA (no entorno da praia do Vilar, ao pé de onde se recibe aos visitantes do parque natural de Corrubedo), a asociación micolóxica Refungando organiza, en colaboración coa asociación cultural Altofalante, unha charla de José Manuel Castro Marcote, que disertará sobre fungos nos ecosistemas dunares. Castro Marcote é coautor do libro "Cogomelos de Galicia" e comezará a súa charla ás 11 da mañá.
Edifico do Cielga. Foto de Javier Crugeiras para Wikipedia Segundo explican en Refungando, "moita xente ten percorrido carballeiras, piñeirais, soutos, ribeiras de ríos, prados... pero, cantos percorreron a liña da costa entre dunas á procura de cogomelos? Neste ecosistema, que a priori nos pode parecer hostil para os fungos, desenvólvense sen problema unha ampla variedade de cogomelos que, polo seu especial hábitat, raramente poderemos contemplar. Da man de José M. Castro Marcote, coñeceremos as especies dunares galegas máis comúns e logo da charla sairemos á súa procura, unha experiencia á que dende Refungando vos invitamos a todos a compartir con nós".Esta charla e saída micolóxica son os prolegómenos das vindeiras Xornadas Micolóxicas de Ribeira, que xa teñen data: 6 e 7 de novembro.Vía Refungando

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario