A actuación está incluída na anualidade 2011 do Plan de Cooperación cos Concellos 2008-2011 da Deputación da Coruña
Boiro, 25 de novembro de 2010. O Concello de Boiro dotará ao núcleo de Runs, na parroquia de Boiro, de rede de saneamento, unha actuación que se executará a través do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) da Deputación da Coruña, anualidade 2011.
As obras consisten na execución dunha rede de saneamento composta de canalización principal en tubaxe de PVC cos correspondentes pozos de rexistro. Sobre esta rede xeral acometeranse as traídas particulares das vivendas, coa correspondente arqueta en punta para que cada propietario realice a súa conexións sen ter necesidade de executar obras sobre o vial. Esta actuación en Runs, que beneficiará aproximadamente a medio cento de vivendas, completa a rede existente ata o núcleo, de tal xeito que coa actuación prevista, o saneamento queda completamente conectado ata a rede da depuradora municipal.
En total, se prantexa unha actuación de 572 metros lineais de alcantarillado e 293 metros lineais de acometidas domiciliarias. As obras está previsto que duren tres meses e o orzamento é de 88.092,79 euros, dos cales a Deputación aporta o 80% e o Concello, o 20% restante.
Con esta actuación, o executivo boirense continúa, asegura, "no seu empeño de dotar a tódolos núcleos de poboación dos servizos básicos, ademais de contribuír ao coidado do medio ambiente coa correcta canalización dos residuos".
No pleno extraordinario trataranse ademais, outros asuntos:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario