Ribeira, 29 de novembro de 2010. O frío intenso chegou cedo este ano. Aínda que xa houbera xeadas estas semanas pasadas, as desta noite foron espectaculares. Mentres nos sitios altos de moitos lugares de Galicia xa está a nevar, aquí nas bisbarras de Barbanza e Noia estamos a aturar as denominadas xeadas blancas.
En Nebra, esta mañá. Foto de Paco do Martelo no seu FacebookA xeada é un fenómeno climático que se caracteriza por un descenso brusco da temperatura ata niveis inferiores ao punto de conxelación da auga. Iso ocasiona que a auga evaporada no aire se chegue a xear e se deposite a xeito de xeo nas superficies sólidas. Para que haxa xeadas tamén se ten que dar a condición de que a humidade relativa do aire supero o 60 por cento, ou doutra maneira non habería auga abondo na atmósfera para que se producira a xeada. E tamén ten que estar o ambiente calmo: se hai vento non hai xeadas. ¡

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario