Dodro, 9 de novembro de 2010. A empresa Xaquín Ocasión S.L., afincada en Dodro e adicada á venta de vehículos a motor, presenta este venres 12 de novembro a partires das sete da tarde o novo Ford C-Max e convida a todo aquel que queira achegarse a ver as súas instalacións e servizos.
Dende que a parella de propietarios, Marisol Boga Grela e Xaquín Pérez Duarte, comezaron a súa andaina neste negocio mudaron moito os tempos. O primeiro negocio era unha compra-venta en Santiago, aló polo ano 1995 e con esforzo conseguiron inaugurar as novas instalacións en Dodro cinco anos despois e deron o paso para integrarse na Rede Ford de Galicia da comarca do Sar en 2002. Xa recibiron a visita do presidente de Ford España, José Manuel Machado, no ano 2004, polo seu bo facer. Para Marisol Boga e Xaquín Pérez, "a clave do éxito radica na transparencia co cliente e a constancia no traballo diario". Están especializados como taller multimarca, onde priman a atención ao cliente e a actualización do persoal técnico, o cal da como resultado un alto estándar de calidade no servizo postventa.
Ford C-Max, o vehículo máis avanzado da marca, este venres
Os que desexen achegarse a Dodro, ás instalacións de Xaquín S.L. este venres, terán a oportunidade de ver e probar antes que ninguén o novo Ford C-Max, modelo de turismo no que Ford volcou as tecnoloxías máis modernas e que trae novos niveis de estilo e atractivo dentro do competitivo mercado dos monovolumes compactos. Na presentación servirase un viño galego. Web de Xaquín Ocasión S.L.
http://www.xaquinsl.com
Web do Ford C-Max
http://www.ford.es
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario