Barbanza, 9 de novembro de 2010. As localidades barbanzanas de A Pobra do Caramiñal e Porto do Son acollerán o vindeiro martes 16 de novembro a obra "Señor Mundo, Dígame?". Esta actividade está inserida no programa de dinamización Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende achegar o galego á poboación máis nova. Na Pobra representarase ás dez da mañá e en Porto do Son, ás doce do mediodía.
Señor mundo, dígame? é un recital de poesía e é tamén unha representación teatral que lle cede a palabra ao público para converterse en obradoiro de teatro. A partir de textos de Antonio García Teijeiro, a compañía Factoría Teatro ofrece 50 minutos de ritmo e de xogo á procura da palabra, nun recital tolo de poesía sonora e visual para facer gozar os máis novos.Está recomendado para nenos de seis a oito anos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario