16.11.10

Noia: andamios movidos na ponte medieval do Traba coa última riada


Varias pólas e toros, nada pequenos, de árbores quedaron atascados contra a armazón de andamios

Noia, 16 de novembro de 2010. Na pasada fin de semana, coas intensas chuvias e o aumento de nivel da auga nos ríos da comarca, diversos lugares víronse afectados. Un deles foi a ponte de Traba, no que están a piques de rematar as obras de afianzamento e reforma. Se non adían máis os prazos, a actuación ten que estar rematada este mes (xa ía ser para setembro, e logo para outubro).

Operarios do grupo municipal de intervención rápida de Noia tiveron que sacar as pólas e toros de grandes árbores que quedaron estancados contra a armazón de andamios e a base da ponte. A forza da auga e o choque destes toros fixeron que se movera a andamiaxe da pasarela provisional, pola que houbo que cortar a circulación durante a fin de semana. Os peóns puideron  pasar pola ponte medieval, á que lle falta botar a cuberta final para o tráfico rodado e tamén rematar os pretís de pedra que leva a cada lado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical