15.11.10

Noia: o programa Bocaberta trae á vila o musical "Ola, ola, la!", de Mamá Cabra, este sábado 20 de novembro

Noia, 15 de novembro de 2010. Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o galego na franxa máis nova da poboación, suma esta semana ás súas propostas o musical Ola, ola, la! e o obradoiro de hip-hop e novas tecnoloxías Azou. A primeira, organizada en colaboración coa editorial Galaxia, é un espectáculo do grupo infantil Mamá Cabra que se estreará o sábado 20 de novembro en Noia; a segunda, na que a secretaría xeral vai da man da empresa Ouvirmos, bota man da música e as novas tecnoloxías.

O teatro Coliseo Noela, de Noia, acollerá o sábado 20 de novembro ás 18.30 horas a primeira función de Ola, ola, la! Este musical será conducido polo conxunto Mamá Cabra, ben coñecido polos nenos e nenas galegos, e está destinado ao público entre os 4 e os 8 anos. Ritmo e electricidade a dar voltas polo corpo, as melodías deste concerto servirán para que os máis pequenos aprendan cancións en galego e gocen coa lingua. A actividade prolóngase despois na casa, ou no coche, da man dun DVD-karaoke co que os rapaces e rapazas se poderán sentir parte do grupo.

Relacionadas:


Cultura en Noia: programación de novembro

Bocaberta: o martes 16, en Pobra e Porto do Son

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical