A Pobra do Caramiñal, 25 de novembro de 2010. No Pleno Municipal de hoxe aprobáronse os proxectos que o Concello da Pobra do Caramiñal vai solicitar ao abeiro da convocatoria do “Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal” (POS) 2011 da Deputación Provincial da Coruña. "Seguindo co traballo que o equipo de goberno vén desenvolvendo nestas lexislaturas, estes proxectos destinaranse para mellorar redes de saneamento ou firmes de diversas travesías nas zonas do rural", explicaron dende o Concello.
O importe destas actuacións é de 108.403,32 € financiadas integramente con cargo ao devandito Plan Provincial e serán:
- Saneamento e pavimentacións no Camiño Ancho - A Figueira: instalación de tubaria de PVC e pozos de rexistro correspondentes, con pavimentado posterior.
- Travesía da Virxe do Monte: demolición do pavimento actual, realización dunha soleira de formigón de 10 cm, colocación de pavimento peonil con louseta hidráulica e posteriormente pavimentado con aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros.
- Travesía da Angustia: colocación de canalización de pluviais en PVC, pozos de rexistro, arquetas sumidoiro e conexión de tellados existentes. Posteriormente se pavimentará con aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros.
Desde o Concello aseguran que están a traballar "para mellorar os servizos e infraestruturas básicos para que os nosos veciños poidan dar bo uso deles construíndo un municipio mellor, coas premisas do desenvolvemento sostible e por tanto con futuro".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario