Ribeira, 25 de novembro de 2010. A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño convoca eleccións da Xunta Directiva para un novo período de dous ou catro anos.
A xunta directiva actual rematou o seu mandato o pasado mes de outubro e tal e como establecen os estatutos da entidade deben convocarse eleccións antes dun mes desta caducidade, polo que se convocaron en data 11 de novembro do presente. Tamén se fai proposta de modificación do artigo 13.3 dos estatutos en referencia ao período de mandato, que ata agora é de dous anos e preténdese ampliar a catro anos, polo que debe ser aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria ao igual que a elección dunha das candidaturas presentadas.
O período de presentación de candidaturas remata o vindeiro 29 de novembro, deben ser de 11 membros que deben á súa vez ser socios/as da entidade con anterioridade ao 15 de novembro, data de apertura do período de presentación de candidaturas.
O día 30 de novembro no local social da entidade ás 20:00 h terá lugar a Asamblea Xeral Extraordinaria onde se debatirá a modificación do art. 13.3 e se elexirá a nova Xunta Directiva para 2 ou 4 anos (2010-2012 ou 2010-2014). A Orde do Día será:
1.- Lectura e aprobación da Acta Anterior
2.- Modificación do Art. 13.3 dos estatutos da entidade
3.- Apertura e validación de candidaturas
4.- Celebración de eleccións e nomeamento de membros da XD
5.- Rogos e preguntas.
Esta convocatoria xa foi feita pública mediante a pegada de carteis no taboleiro de anuncios da entidade e noutros establecementos públicos de Aguiño como a Casa do Mar, Farmacia, Oficina de Correos, Igrexa Parroquial, etc. O acordo foi tomado en data 2 de novembro de 2010, segundo informou o presidente en funcións, Unai González Suárez.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario