Rianxo, 26 de novembro de 2010. A morte sorprendeu onte ao autor e director teatral Pancho Martínez, de 52 anos, deixando desconsolados a familia, amigos e moitos rianxeiros e galegos que desfrutaban coas súas obras. A derradeira que puxo en escea fora, este ano mesmo, Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro. Era un home traballador e con moitos proxectos: xa estaba a traballar no texto de O paxaro pinto, ademais de preparar unha nova montaxe para o vindeiro ano. Ao longo da súa vida, Martínez participara en diferentes producións cinematográficas, escénicas e televisivas. O funeral celébrase ás 16.30 horas desta tarde na igrexa de Santa Columba, en Rianxo. Dende Certo unímonos ao sentimento de dor por esta perda para a cultura de Rianxo e Galicia. Antes publicamos:
Estréase "O soño do barbeiro". 24 de xaneiro de 2010.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario