"Son xa catro arquitectos municipais desde 2007. Todo un indicativo da importancia que lle da o PSOE a este departamento. Imos polo quinto en catro anos", din os nacionalistas
O Concello rianxeiro acumula leas urbanísticas de diverso calibre
Rianxo, 8 de novembro de 2010. Para o BNG a área de Urbanismo "é fundamental dentro do ámbito de competencias municipais. Rianxo está hoxe en día nun momento crítico: ademais da xestión diaria de concesión de licenzas e do mantemento e control da disciplina urbanística, mantén unhas normas subsidiarias do 85 obsoletas con 25 anos de vixencia e coa incapacidade manifesta do executivo do PSOE de sacar adiante un novo PXOM neste longo tempo".
Segundo os nacionalistas, "enfrontámonos hoxe a un panorama complexo co novo Plan do Litoral, novas directrices de ordenación do territorio, novas Leis do Solo e o necesario seguimento do Plan Xeral de Rianxo, mentres segue a alegría da asignación de recursos humanos á area de urbanismo, acudindo en exclusiva a asistencias técnicas, ou a tempo parcial, por días ou compartida con empresas privadas, cando os veciños requiren unha presenza constante deste profisional para desatascar proxectos.En troques de acudir a abrir un proceso de selección dun funcionario/a para garantir a estabilidade o seu labor, librándoo de inxerencias políticas para exercer con independencia o seu posto de director da área de urbanismo, o que sería unha garantía para todos e todas os veciños, o alcalde segue coa pretensión de ir tirando até o próximo mandato, manténdonos na provisionalidade".
O Bng de Rianxo considera que "neste momento de comenzos do traballo do PXOM o traballo de seguimento e control dos labores da empresa redactora non poden quedar en mans dun arquitecto provisional nin tampouco vinculado a proxectos privados na comarca pois vai manexar información moi delicada que require obxectividade e independencia".
Relacionadas:
Polémica coa urbanización Virxe de Guadalupe
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario