Boiro, 3 de decembro de 2010. Aprobadas o pasado 30 de novembro, hoxe deu a coñecer o Concello de Boiro as bases para poder solicitar axudas ao transporte do alumnado deste concello. Adxuntamos tamén o modelo de solicitude, que poden descargar e imprimir para cubrir se fora o caso.
Hai outros concellos destas bisbarras que tamén teñen estas axudas, só teñen que preguntar no seu consistorio. As bases de Boiro son as que seguen:
DISPOSICIÓNS XERAIS.Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de axudas ao desprazamento para o alumnado que curse estudos técnicos, medios ou superiores, ou para o alumnado con necesidades educativas especiais, no curso 2010-11 de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concurrencia e publicidade.
1ª.- FINALIDADE E OBXECTO.A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos alumnos/as para os seguintes desprazamentos : a. Boiro - Santiago : a.1. Modalidade diaria. a.2. Modalidade fin de semana. b. Boiro – Pontevedra : b.1 Modalidade fin de semana. c. Boiro – Vigo : c.1. Modalidade fin de semana. d. Boiro - Santiago- A Coruña : d.1. Modalidade fin de semana. 2ª .- FINANCIACIÓN DAS AXUDAS.As citadas axudas concederanse con cargo ás partidas e disponibilidades orzamentarias contempradas no orzamento xeral da corporación para o exercicio económico 2011. A mencionada partida é a 324/48000 e contará cun orzamento de 6.822,92 €. 3ª.- PROCEDEMENTO E PRAZOS.As solicitudes de axudas deberán presentarse no rexistro xeral do Concello a través de instancia individualizada indicando modalidade de desprazamento e centro onde se cursan os estudos. As solicitudes formularanse segundo o modelo que figura como Anexo I desta convocatoria e dirixiranse ao Sr. alcalde-presidente. Establécese un prazo de presentación das solicitudes dende o día 1 ao 31 de decembro e 2010, ámbolos dous inclusive. 4º DOCUMENTOS A PRESENTARa) Certificado ou resgardo da matrícula.b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou copia das dúas últimas nóminas). c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos.d) Certificación, no seu caso,de minusvalías.e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante. f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores.g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados. 5ª .- ÓRGANOS COMPETENTES PARA A INSTRUCCIÓN, VALORACIÓN E RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES. a) As axudas serán outorgadas pola Alcaldía, previo informe da comisión de valoración, debidamente motivada, de acordo cos criterios recollidos no punto 6ª das presentes bases.b) A instrucción do procedemento de concesión de axudas corresponde aos servizos técnicos das Concellerías de Educación e Cultura do Concello de Boiro que terán as seguintes funcións : 1. Comprobar que os posibles beneficiarios/as cumpren cos requisitos esixidos nestas bases. 2. Elevar un informe á comisión de valoración.c) Constituirase unha comisión de valoración formada por : 1. O Sr. alcalde-presidente, ou concelleiro/a en quen delegue, que actuará como presidente/a da comisión. 2. Os concelleiros de educación e cultura. 3. 2 técnicos/as das concellerías de educación e cultura, designados pola Alcaldía. 4. A coordinadora de servizos sociais. 5. O secretario da corporación, ou funcionario/a en quen delegue, que actuará como secretario/a da comisión, con voz pero sen voto.d) A proposta de resolución, logo da valoración da comisión, será elevada polo órgano instructor á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación ou modificación.
e) A resolución da concesión de axudas ao abeiro do disposto nestas bases farase pública mediante a súa exposición no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello, e será notificada aos solicitantes no prazo máximo de 30 días despois de rematado o prazo de presentación de solicitudes. En todo caso esta resolución farase pública antes do 15 de febreiro de 2011. f) Toda alteración das condicións para a concesión da axuda poderá dar lugar, no seu caso, á modificación do acordo.g) Establécese un prazo de reclamacións de 15 días dende a resolución das axudas. 6ª .- CRITERIOS DE SELECCIÓN. a) Orde de presentación das solicitudes.b) Nivel de renda familiar : ü Ata un máximo de 3´5 veces o IPREM vixente (indicador público de renda de efectos múltiples; para o ano 2010 = 7.445,14 € anual con 14 pagas). i. Ata 26.092,99 €. ii. Para valorar o nivel de renda familiar teranse en conta as casillas 455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible de aforro). ü Para o cálculo da renda familiar a efectos destas axudas, son membros computables da familia i. O pai. ii. A nai. iii. O titor/a ou, no seu caso, persoa encargada da garda e protección do menor. iv. Solicitante. v. Irmáns solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar ou maiores de 25 anos cando se trate de persoas con discapacidade. ü No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independentes tamén se consideran membros computables o cónxuxe ou, no seu caso, a persoa á que se atope unida por análoga relación, así como os fillos/as se os houbera. c) No caso de agotarse a partida orzamentaria sin poder satisfacer todas as solicitudes presentadas, a comisión de valoración terá en conta en primeiro lugar as de menor nivel de renda familiar.d) En caso de rendas de igual cuantía, primaranse as solicitudes que certifiquen a existencia de discapacidades ou minusvalías dalgún dos membros computables da unidade familiar.
7ª.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS/AS. a) Destinar a cuantía das axudas para o fin que foron concedidas. b) O sometemento ás actuacións de comprobación do Concello da efectiva realización das actividades para as que se outorgara a axuda. c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluidos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. d) Facilitar canta información sexa requerida polo Concello. 8ª.- CONTÍA DAS AXUDAS.a) A axuda concedida terá o límite máximo do 30% dos gastos totais de desprazamento ao longo do curso escolar; esta porcentaxe estimarase en función dos prezos establecidos polas empresas de transportes, das tarifa do billete individual e dos traslados que deban realizar os usuarios/as, no transcurso do curso académico según a modalidade solicitada. b) A Porcentaxe de axuda concedida baremarase da seguinte maneira: OPCIÓN A: NIVEL DE RENTA ≤ 200 € Axuda: 30% OPCIÓN B: NIVEL DE RENTA entre 201-300 € Axuda: 27 % OPCIÓN C: NIVEL DE RENTA entre 301-400 € Axuda: 21% OPCIÓN D: NIVEL DE RENTA entre 401-500 € Axuda: 19% OPCIÓN E: NIVEL DE RENTA > 500 € Axuda: 17% c) En todo caso, as axudas concedidas non superarán a partida orzamentaria correspondente. 9ª.- XUSTIFICACIÓN E COBRO DAS AXUDAS. a) O prazo de xustificación das axudas rematará o 30 de maio de 2011, agás que se solicitara e fose outorgada prórroga, debendo no seu caso, motivarse esta concesión. En todo caso, esta solicitude deberá ser motivada e deberá realizarse por escrito antes da data sinalada anteriormente. O 31 de decembro do ano 2011, anularanse automaticamente os compromisos de axuda pendentes de xustificación ou sen concesión de prórroga. b) No caso de non presentarse xustificación da totalidade da axuda dentro do prazo (inicial ou prorrogado), iniciarase o expediente de anulación do correspondente compromiso, reducíndose proporcionalmente a cantidade outorgada ao gasto xustificado. c) A xustificación dos gastos, de acordo co fin para o que se outorgou a axuda, deberase realizar presentando a documentación xustificativa seguinte nos prazos indicados na presente convocatoria : a. Facturas orixinais de pago das viaxes : i. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos : 1. Nome, razón social, NIF ou CIF e enderezo de quen emite a factura. 2. Desglose do IVE ou imposto correspondente. 3. Nome, domicilio, NIF ou CIF do beneficiario/a. 4. Descrición detallada do servizo (modalidade da viaxe). 5. Número de factura, data de emisión e denominación de “Factura”. b. Non se admitirá ningún outro documento xustificativo de pago distinto do descrito no apartado anterior. c. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente estimará o cumprimento das obrigas. d. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección. e. O pagamento da axuda efectuarase mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo solicitante, que será o titular de dita conta. 10ª.- REINTEGRO DAS AXUDAS.O beneficiario/a procederá ó reintegro do total ou parcial das cantidades percibidas dende o momento do pago da axuda nos seguintes casos : a) Incumprimento da finalidade para a que foi outorgada a axuda. b) Obtención da axuda sen reunir as condicións requeridas ou falseándoas. DISPOSICIÓNS FINAIS PRIMEIRA.- Para os casos non previstos nestas bases, serán de aplicación as normas xerais incluidas na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no Regulamento Xeral de Subvencións do Concello de Boiro e nas Bases de Execución do Orzamento 2011. SEGUNDA.- Estas Bases foron aprobadas na Xunta de Goberno Local de 30 de novembro de 2010.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario