A Xunta aproba unha modificación do planeamento do Concello de Rianxo pola que se incrementa en 3.000 m2 o seu equipamento público. A Secretaria Xeral de Urbanismo remite hoxe a orde pola que se aproba esta mellora urbanística
Rianxo dende o alto do PelotiñoRianxo, 3 de decembro de 2010.- A Xunta de Galicia informou hoxe sobre a aprobación dunha modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Rianxo polo que se incrementan en 3.000 metros cadrados o sistema xeral de equipamento público deste concello. Este ámbito está formado por dúas parcelas situadas no núcleo da Capela, unha de titularidade municipal, na que existe xa un uso dotacional (escola pública, pista deportiva e área de xogos infantís) de 2.504,41 m2 de superficie; e outra parcela de titularidade privada, libre de edificacións e de superficie 194,90 m2. a obter polo concello. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, despois de analizar o expediente e a proposta presentada, considerou de interese público as razóns alegadas na modificación, que derivaron no incremento da superficie cualificada como sistema xeral de equipamento público municipal. O Concello de Rianxo dispón na actualidade de Normas Subsidiarias de Planeamento municipal aprobadas definitivamente en xullo de 1985, estando pendente da tramitación dun PXOM adaptado á Lei de Ordenación do Territorio e Protección do Medio Rural de Galicia actualmente vixente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario