Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2010. O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, vén de presentar unha pregunta urxente ao goberno galego para o seu debate no pleno do parlamento despois de que o Valedor do Pobo veña de recoñecer no seu último informe “que durante casi tódalas fases das oposicións do SERGAS houbo incumprimentos e irregularidades”. O informe pódese ler na páxina do Valedor, aquí
Lage Tuñas considera “nauseabunda en termos políticos” a actuación da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, “ao ter negado a existencia de denuncias e manter que todo era correcto, decindo que non había irregularidades”, pero vai máis arriba pedindo responsabilidades, ao dicir que “penso que Feijóo amosou unha gran falta de respecto cara a centos de opositores que viron cuestionada a imparcialidade, a igualdade de oportunidades e a limpeza nos procesos selectivos do SERGAS”. Lage Tuñas pide a Núñez Feijóo que cese á Directora Xeral de Recursos Humanos do Sergas, “porque faltou gravemente á verdade ao decir que non se rompera a cadea de custodia dos exames, cando hoxe está probado polo Valedor do Pobo que si se rompeu e que ademais non houbo control de ningún tipo sobre a sala de impresión dos exames”. O deputado outiense cre que o Presidente da Xunta debe cesala "polos graves feitos descubertos nas oposicións do sergas e confirmados polo Valedor do Pobo, porque se rompeu a igualdade de oportunidades e houbo persoas que xogaron con vantaxe”. Lage di que o presidente da Xunta actual "esqueceu as súas promesas de rexeneración, ampara co seu silencio a baltarización do Sergas ao permitir irregularidades que outorgan situación de vantaxe a determinados opositores”. O viceportavoz do PSdeG denuncia que o Presidente da Xunta “aínda non explicou porque avala a xestión das oposicións onde un opositor corrixeu o seu propio exame”. Lage Tuñas recordaba hoxe “un feito tan grave ou máis que o do propio opositor-examinador” como é que “os exames das oposicións do SERGAS imprimíronse nunha sala onde non existiu control nin vixiancia”. De igual xeito recordou hoxe que “o Valedor recibiu nos últimos meses denuncias por parte de opositores afectados e non só a denuncia do PSdeG-PSOE. Creo que esto pon na picota unha vez máis á conselleira de Sanidade xa que queda ao descuberto que sí houbo denuncias e non rumores como ela afirmaba”. O deputado do PSdeG lamenta que o PP “intentara ningunear ao Valedor do Pobo negando as irregularidades postas de manifesto polo Alto Comisionado. Despois tiveron que rectificar pola vía dos feitos e recoñecer o tirón de orellas. Só queda que asuman as responsabilidades políticas derivadas das citadas irregularidades”. Novas sobre o mesmo asunto publicadas antes en Certo, aquíRelacionada:Política: Ruiz Rivas e Lage Tuñas, dous "látegos" premiados
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario