13.12.10

Rianxo: restriccións de tráfico na AC-553 polas obras do AVE este martes 14 de 9 da mañá a sete da tarde

O motivo deste corte é colocar e montar as vigas dun viaduto das obras da liña de Alta Velocidade no treito Vacariza- Rialiño. 

Se quere ver o plano máis grande: aquí

Se quere ver o plano máis grande: aquí

Rianxo, 13 de decembro de 2010. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informa do peche ao tráfico da estrada AC-553 saída 10 (AG-11)-Ponte Catoira, á altura do Concello de Rianxo durante 10 horas na xornada de mañá martes, 14 de decembro, por mor dos traballos de execución das obras do tren de alta velocidade (AVE).

O motivo deste peche é debido á colocación e montaxe das vías do viaduto do punto quilométrico 200+596 do treito Vacariza-Rialiño da liña de Alta Velocidade que está a realizar.

O corte que se fará efectivo dende as 9 da mañá ata as 7 da tarde afectará ao tramo que vai dende o punto 0+000 ata 1+400.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical