
268.000 euros perdidos por "tres anos de absoluta incompetencia"
Os populares conclúen que "a perda desta subvención de 95.000 euros súmase aos 83.000 euros que o organismo AGADER tamén lle anulou ó Concello de Dodro por non ter cumpridos os prazos para xustificar a inversión a pesar de concederlle unha prórroga de seis meses. Á parte, cabe recordar tamén que a Comunidade de Montes Balouta Fontecova pagou a iluminación do campo de fútbol cando a Deputación de A Coruña financiou esta obra a todos os Concellos da provincia ata un importe de 60.000 euros. E xa ultimamente, o Concello de Dodro non soubo xestionar os fondos do segundo PLAN E de Zapatero e perdéronse mais de 30.000 euros. En total suman xa 268.000 euros que o Concello de Dodro leva perdidos nestes últimos tres anos pola absoluta incompetencia do goberno PSOE-BNG, e que os propios veciños foron aportando co seu patrimonio a través das Comunidades de Montes". Relacionada:
Bexo: os veciños fan pancartas de protesta polos camiños estragados
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario