28.1.11

Internet: Quecarallo.net, un punto de encontro para os galegos na Rede

A escena internauta galega, convalecente ante o peche dalgunhas das súas webs máis importantes, volve rexurdir con novas iniciativas.

Barbanza-Noia, 28 de xaneiro de 2011. Quécarallo?! é un foro de ámbito galego que ten como obxectivo reunir á escena internauta galega, como plataforma complementaria ás redes sociais, ofrecendo unha canle de comunicación "de todos para todos" que permite organizar quedadas, concentrar información sobre concertos, eventos culturais e lugares de interese da comunidade galega, nun só lugar.

Ademais serve tamén como punto de partida e apoio a futuros proxectos web da comunidade, sexan grandes ou pequenos, independentemente do idioma e calquera outra condición.

Quécarallo?! non conta con máis presuposto que o que achega a súa comunidade (ademais dun pequeno banner), e actualmente conta con máis de 900 usuarios rexistrados, e máis de 25000 mensaxes, con menos de 10 meses aberto ao público e sen investimento en publicidade.

O sitio usa MyBB (código aberto) como sistema de xestión de contido, do que, grazas á comunidade, desenvolveu a primeira tradución ao galego dispoñible para o mesmo.

Web de referencia:

http://quecarallo.net

Antiga relacionada:

Internet: pechan dous referentes da Rede en lingua galega: Vieiros e Chuza!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical