28.1.11

Política: o novo Secretario de Organización do Psoe boirense é Jorge Campaña

Boiro, 28 de xaneiro de 2011. Na Asamblea Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro celebrada o pasado dia 27 de xaneiro escolleuse a Jorge Campaña como novo Secretario de
Organización.

"A elección constitúe un importante paso na aposta pola revitalización e a
renovación emprendida pola agrupación socialista boirense", explican os socialistas. A Asamblea Xeral valorou "a capacidade, espírito emprendedor e dinamismo demostrados nos últimos anos por Campaña no desempeño das súas funcións como Coordinador Comarcal de Xuventudes Socialistas do Barbanza e Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Boiro". O novo Secretario de Organización di que asume o reto "con ilusión e determinación de cara á cita electoral de maio", e expresou a súa convicción de que a renovada lista electoral presentada pola agrupación para as vindeiras eleccións municipais "acadará o respaldo dun amplo sector da sociedade boirense".

Jorge Campaña avaliou o traballo realizado polo grupo socialista municipal nas últimas dúas lexislaturas e resaltou "o labor de achegamento dos servizos básicos ás parroquias, así como o importante investimento realizado nas obras de ampliación do porto de Cabo de Cruz grazas á intervención e compromiso adquirido con Juan Jesús Ares polo ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical