Download now or preview on posterous
INT recordo convocatoria axudas 55 mariscadores 200111 MARISOL 57315-asinado.pdf (123 KB) A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advirte que a Comunidade Autónoma comprometeuse a establecer axudas para estas persoas que, sen ven imposibilitadas para exercer a súa profesión e polo tanto non obteñen ingresos. Afirma que a Xunta pretende amañar o seu orzamento a conta das mariscadoras.
Soneira explica que o criterio, ata o de agora, foi establecer a convocatoria de axudas de xeito que se subvencionaba a cota á Seguridade Social e unha modesta renda de subsistencia xa que a Administración non lle renova o Permex que habilita para traballar na súa profesión o ter cumpridos os 65 anos. Esta política foi aplicada polo Goberno bipartito, e polo actual na convocatoria para o ano que acaba de rematar, establecendo dous criterios: Módulo a) importe mensual igual ao correspondente á pensión mínima de xubilación para maiores de 65, sen cónxuxe a cargo, e Módulo b) importe igual ao da cota dun convenio especial específico. Por iso lamenta a actuación da Consellería do Mar neste asunto. Xa que acaba de facer pública a convocatoria de axudas para este ano onde, de xeito sorpresivo, establece como importe da axuda a mesma cantidade do convenio especial que a mariscadora debe subscribir coa Seguridade Social, e establecendo como tope máximo 350 euros por mariscadora e mes. A portavoz socialista afirma que “sorprende este recorte”, xa que estas persoas non poden obter ingresos por outra vía. Advirte que o custo da medida aconselle semellante recorte “xa que este é un colectivo pequeno que cada ano, previsiblemente, irá a menos o ser un problema que afecta as mariscadoras mais veteranas e non as que se foron incorporando a actividade en tempos mais recentes”, resumiu. Soneira reclama coñecer; 1.ª) Cantas mariscadoras se acolleron cada ano, no período de vixencia da orde á que fai referencia esta iniciativa, e cal foi o gasto ocasionado ao erario autonómico en cada un deles? 2.ª) Dos datos de que dispón a Xunta de Galicia, o número de persoas que se acollen a esta orde, previsiblemente, tende a incrementarse, manterse ou a diminuír? 3.ª) Por que a Consellería do Mar ten tomado a decisión de subvencionar, exclusivamente, o custe do convenio coa Seguridade Social destas persoas, sen ter en conta outros aspectos que emanan da súa situación sociolaboral? 4.ª) Canto vai aforrar a Xunta de Galicia con este recorte? Que porcentaxe significa nas contas da Consellería do Mar e dos orzamentos da Comunidade Autónoma? Podería estar relacionado:
Mar: cartos para nove confrarías do Barbanza Pesca: o Psoe denuncia que Mar non executou 53 millóns de euros
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario