A última folga xeral tivo lugar o 29 de setembro de 2010, hai nada
A Pobra do Caramiñal, 20 de xaneiro de 2011. O grupo municipal do Bng na Pobra vén de presentar un escrito no que solicita o cambio de data do pleno ordinario deste mes, que é o xoves 27 de xaneiro, por coincidir coa data sinalada pola Confederación Intersindical Galega para levar a cabo en Galicia unha folga xeral polo "pensionazo".
O escrito íntegro:"O Goberno do Estado ten anunciado que presentará a finais de xaneiro unha reforma do sistema público de pensións. Entre outras modificacións, propón aumentar a idade legal de xubilación aos 67 anos e ampliar de 15 a 20 o número de anos de cálculo para a contía das pensións. Estas medidas súmanse á reforma laboral levada a cabo o pasado 2010, ao recorte dos 426 euros para todas aquelas persoas ás que se lle agote a prestación por desemprego e ademais, no noso país, á conxelación para 2011, por parte da Xunta de Galiza, da RISGA e das Axudas de Emerxencia Social, última esperanza de obter un ingreso para moitos galegos e galegas que carecen de calquera outro apoio. Máis unha vez, Galiza será castigada especialmente por esta ofensiva antisocial xa que a pensión media dos galegos e galegas non chega aos 730 euros e o aumento da idade de xubilación suporá o bloqueo do acceso da mocidade ao mercado laboral incrementando o paro xuvenil que nestes momentos sitúase xa nun escandaloso 34,6%. Neste contexto, a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de convocar unha xornada de folga para o vindeiro xoves, 27 de xaneiro contra unha reforma totalmente inxusta e que afectará gravemente aos máis desprotexidos. O BNG considera que este ataque aos dereitos dos traballadores e traballadoras, que non ten precedentes nos últimos 40 anos, require de respostas de rexeitamento e de mobilización e, en coherencia, apoia a convocatoria de folga xeral do día 27 por iso, ao coincidir coa data fixada para o Pleno ordinario do mes de xaneiro, SOLICÍTALLE o cambio de data do mesmo para contribuír a facilitar o exercicio da folga a todos e todas aquelas que a queiran secundar".
A Pobra do Caramiñal, 20 de xaneiro de 2011. Asdo.: Rosana Pérez Fernández, Concelleira e portavoz do G. M. do BNG.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario