Nestes grupos obterán formación gratuíta en lingua galega, dirixida á preparación das probas de nivel CELGA 2, 3 e 4 promovidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A data prevista de comezo dos cursos é o día 4 de abril. Impartiranse en horario de 20.30 a 22.30 h de luns a xoves, ata completar as 75 horas lectivas de duración.
Ao longo de 2009 e 2010 formáronse en Ribeira máis de 100 persoas, cun elevado nivel de aprobados nos diferentes niveis do Certificado de Lingua Galega. A liña ascendente no interese por obter unha maior e mellor formación en galego, pasa por diferentes perfís: nais e pais de familia que queren mellorar o seu nivel de lingua para axudar aos seus nenos e nenas na escola; adultos que non tiveron formación en lingua galega na escola; persoas de orixe non galega que teñen interese e necesidade de aprender a falar e escribir en galego; estudantes que queren mellorar os seus currículos coa obtención da titulación CELGA...
Para realizar a inscrición e obter máis información as persoas interesadas pódense dirixir ao Servizo de Normalización Lingüística, na casa consistorial de 9 a 14 h de luns a venres, ou mediante un correo electrónico normalizacion@riveira.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario