26.1.11

Política: continúa a lea das oposicións da Xunta. Desta volta, na de técnicos ambientais

Lage reclama a comparecencia do Conselleiro de Presidencia e da Conselleira de Facenda porque nas oposición de 15 prazas hai determinados candidatos que serán xulgados por tribunais compostos polos seus xefes directos, como xa pasar nas do Sergas.


Santiago, 26 de xaneiro de 2011. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, denunciou hoxe en rolda de prensa graves irregularidades nas oposicións de 15 prazas de técnicos ambientais, onde determinados opositores serán xulgados por tribunais compostos polos seus xefes directos. Lage Tuñas explicou esta mañá que hoxe mesmo rexistrará unha batería de iniciativas na Cámara e igualmente anunciou que solicita a comparecencia urxente en Pleno do Conselleiro de Presidencia e da Consellería de Facenda para reclamar explicacións sobre este asunto.Tamén solicita a comparecencia do Director Xeral da Función Publica en Comisión para que dea conta destas irregularidades.

O deputado do PSdeG censurou abertamente “a desfeita permanente” que existe no ámbito da función pública e afirmou que “chove sobre mollado” para a continuación recordar os escándalos relacionados coas oposicións do SERGAS ou dos Tribunais de Facenda.

Lage Tuñas dixo que “unha vez máis asistimos a un proceso selectivo onde compiten máis de setecentos cidadáns galegos que se teñen esforzado, estudiando duramente, para poder optar a un emprego público e na práctica podemos ver como dende o goberno do PP se situa nos tribunais aos superiores directos de determinados opositores que á súa vez xa son interinos na Xunta de Galicia”. “Van a ser xulgados por persoas que levan sendo os seus xefes todos estes anos, cometendo unha ilegalidade ao incumprir o artigo 28 da Lei 30/92 de Procedemento Administrativo”, denunciou.

O parlamentario socialista dixo en rolda de prensa que na función pública galega “está triunfando a impunidade, vivimos na volta ao fraguismo, tendo como abandeirado ao Director Xeral da Función Pública, e como xefe e máximo responsable ao señor Feijóo que é consentidor e cómplice deste tipo de prácticas fraudulentas”. Lage Tuñas afirma que “os vaticanistas da escuela de Romay Beccaría, con Feijóo á cabeza, parece que están nunha competición para superar a Baltar á hora de xestionar o acceso ao emprego público”.

O deputado do PSdeG denuncia que “das 10 persoas que compoñen o tribunal, alomenos 6 deles teñen relación directa con eses interinos que á súa vez son opositores”. Lage Tuñas insta a Núñez Feijóo a “asumir responsabilidades políticas” para acabar coa impunidade no escándalo das oposicións”.

Na rolda de prensa explicou que non existe a día de hoxe ningún funcionario coa categoría 37 de Xunta de Galicia, pero sen embargo as persoas que desempeñan esas funcións si que se nomean desta maneira nos propios listíns telefónicos da Xunta e estes dependen directamente, no mesmo despacho (en contra do art 28 da Lei 30/92) das persoas que compoñen os tribunais (titulares e suplentes)

Relatou que estas prazas ofertáronse a primeira vez no ano 2005, e convocáronas a través dunha Orde do 10 de febreiro de 2009. A categoría 37 é de nova creación xa que nunca se realizou ningunha oposición ou concurso oposición para a categoría 37.

E advertiu que desde fai unha chea de anos están a ocupar esas prazas interinos que aparecen como tal na Relación de Postos de Traballo da Xunta, e no listín telefónico da Xunta. Hai máis de 700 persoas inscritas para realizar estas probas, conclúe Lage, que argumenta que “a Xunta está utilizando o DOG (Diario Oficial de Galicia) de xeito arbitrario.”

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical