Ribeira, 12 de xaneiro de 2011.- Con motivo do seu 70º aniversario, o teólogo aguiñense Andrés Torres Queiruga será homenaxeado polos seus veciños na sexta edición da Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño, segundo desvelou hoxe o presidente da asociación organizadora, Unai González, nu acto de presentación no que estivo acompañado de Luciano Fernández, concelleiro de Cultura, que colabora na posta en marcha da programación do evento. O mesmo acto serviu tamén para dar a coñecer a programación da Mostra de Teatro Afeccionado 2011 organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño, e que contará con tres actuacións durante este mes de xaneiro.
Andrés Queiruga (á dereita) foi nomeado en 2009 Aguiñés de Honra

Unai González divulgou tamén a programación da Mostra de Teatro Afeccionado que, ademais da devandita actuación de Teatro Ad Libitum, inclúe a participación o sábado 22 de xaneiro de Teatro Charamela (de Melide), coa obra “Se o sei.... Non volvo á casa” e, o sábado 29 de xaneiro, de Teatro A Pombiña (de Pedroso-Narón) con “Nin Dios entende aos homes”. Luciano Fernández puxo de releve durante a súa intervención o extraordinario labor do movemento asociativo existente na parroquia de Aguiño, así como o magnífico momento que está vivindo a arte do teatro no municipio de Riveira a través de numerosas representacións ao longo do ano, case sempre coa implicación do Concello.
Por outra banda, o concelleiro de Cultura, Luciano Fernández Martínez, tamén deu a coñecer esta mañá os detalles da profunda restauración efectuada no edificio da Aula de Música de Aguiño (popularmente coñecido como Conservatorio de Aguiño), na que o Concello investiu un total de 60.000 euros.
Entre as actuacións que tiveron lugar neste edificio, figuran o pintado exterior e interior do mesmo, a eliminación de humidades, a reparación do tellado e os baixantes de pluviais, e a substitución das portas e luminarias do inmoble. Tamén se dotou dun novo sistema de calefacción ao edificio e se aumentou a potencia eléctrica.
Novos vestiarios e equipo musical
Dúas das reformas que máis salientou o edil de Cultura foi a instalación dun novo equipo de música e son profesional e a habilitación como vestiarios dun espazo situado detrás do salón de actos, a fin de prestar servizo ás compañías teatrais, grupos musicais, etc... que actúen no recinto.
Ademais, instaláronse máis de 200 cadeiras novas no salón de actos e restaurouse a cantina da que solen facer uso os membros do activo club de xubilados da parroquia. De feito, os maiores da parroquia xa puideron disfrutar destas renovadas instalacións con motivo da pasada festa de fin de año, e durante esta próxima fin de semana o edificio da Aula de Música dará cabida a diversos actos programados dentro da Sexta Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario