28.1.11

Ribeira: Pablo Galdo ofrece un curso de piano esta fin de semana e un concerto o domingo 30


Ribeira, 28 de xaneiro de 2011.- Esta fin de semana do 28, 29 e 30 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, ten lugar no Conservatorio Profesional de Música  un curso de piano co prestixioso mestre e concertista Pablo Galdo. Este mestre, de orixe ferrolá, ademais do seu actual labor docente no Conservatorio Superior de Música de Vigo ten un amplo currículum como concertista en España, Portugal, China, Reino Unido, Suiza, Italia, Estados Unidos e outros países.

Uns trinta alumnos procedentes do conservatorio local e doutros conservatorios e  escolas de música de toda a xeografía galega danse cita en Ribeira para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos pianísticos.


Concerto este domingo 30 no Conservatorio

O curso clausurarase o vindeiro domingo 30 de xaneiro  cun concerto a cargo do alumnado e do profesor do curso, seguido da correspondente entrega de diplomas. Este concerto de clausura  terá lugar ás 19.00 h. no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música.

Esta actividade está coordinada e dirixida  polos profesores do conservatorio municipal Cristina Sastre Paz (piano) e José Fungueiriño Ramos (secretario - saxofón).

Pode que tamén interese:


I Festival de Inverno de Danza: este domingo 30

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1 comentario:

Anónimo dijo...

Increíble pianista Pablo Galdo. Na sua web (www.pablogaldo.com) descubrín ademáis que ten unha traxectoria incrible pra seren tan xoven.

Pra min o mellor pianista sen dúbidas.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical