21.2.11

Ribeira: "Flor de Toxo" reclama bonobuses máis aló de xuño e súmase con outras asociacións a un roteiro turístico



Ribeira, 21 de febreiro de 2011. A xunta directiva da asociación xuvenil e cultural "Flor de Toxo" acordou o pasado venres 18 de febreiro en asemblea presentar unha solicitude para que os bonos de autobuses subvencionados polo concello abarquen os exames extraordinarios e non caduquen en xuño, como sucede agora. Segundo explicaron, "actualmente existen uns bonos de autobús subvencionados polo concello para estudantes universitarios, éstes só son válidos ata o 30 de xuño, actualmente os exames extraordinarios son a primeira quincena de xuño para os estudantes adaptados aos famosos Plans de Bolonia; e a primeira quincena de setembro para os que seguen cursando os estudos polo plan antigo. Deste xeito, os bonos non cubren os viaxes nestes exames, polo que consideramos necesario para a xuventude que abarquen toda a época de exames, por iso nos vindeiros dís presentaremos unha solicitude para que os citados bonos abarquen os exames extraordinarios".

Entroido: sesión Dj o venres 4 de marzo

Por outra banda, o venres, día 4 de marzo, coincidindo coa festividade de Entroido, acordaron organizar unha sesion de DJ nunha carpa instalada fronte ao Auditorio Municipal, para darlle a benvida á citada festividade. Será co DJ Facundo e comezará ás 11 da noite.

Roteiros turísticos en Semana Santa

Durante a Semana Santa, "Flor de Toxo" vai organizar unha actividade xuvenil que consistirá en percorrer un roteiro de Sendeirismo da Mancomunidade Arousa Norte. Durante tres días, mozos de asociacións de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (Arousa Norte ou Barbanza) percorrerán xuntos estes roteiros. "Con esta actividade pretendemos amosar que a xuventude tamén apoia o turimo da zona e cre importante potencialo, xa que temos unha riqueza paisaxística e cultural inigualable en Arousa Norte. Ademais, queremos que sexan unhas xornadas de convivencia entre distintos mozos da comarca. A representación de Ribeira correrá por conta da nosa entidade", aclararon.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical