Dodro, 21 de febreiro de 2011.- Segundo informa o Concello, o Centro de Día está a celebrar esta semana, dende hoxe ata o venres 25, o seu aniversario. A programación é a que segue:
LUNS E MARTES, 21 E 22 DE FEBREIRO: Xornadas de portas abertas.
Calquera persoa pode pasar a visitar o centro en calquera horario, para ver o seu funcionamento cotiá ao longo da xornada. MÉRCORES 23 DE FEBREIRO:
Xornada de convivencia coas persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Dodro. Co fin de ofertarlle unha actividade ás persoas que reciben a axuda no fogar, organízase unha xornada completa de convivencia, para que pasen o día enteiro no Centro, participando das súas actividades e mesmo comendo con eles. Así todas as persoas usuarias dos dous servizos (centro de día e SAF) poderán gozar da compañía mutua, tendo en conta as súas dificultades para saír e relacionarse co contorno. Ademais serve para facilitar o contacto e coñecemento do Centro a xente do concello que son potenciais usuarios. Esta actividade é a primeira vez que se realiza. XOVES 24 DE FEBREIRO:
Nesta xornada, convidados polo persoal do Centro de Día (como en todas as anteriores) o concello levará ao centro as súas actividades, e os grupos que habitualmente participan nos obradoiros de memoria e actividades deportivas iranas
facer ao Centro de Día e compartilas coa xente que está alí, acompañadas pola monitora de memoria, o monitor deportivo do Concello, a terapeuta ocupacional e o Psicólogo do Centro de Día.
VENRES 25 DE FEBREIRO:
Xornada de convivencia coas familias das persoas usuarias.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario