1.3.11

A Pobra do Caramiñal: nova vertedura da estación depuradora, denuncia o Psoe


Os socialistas pobrenses non paran de denunciar verteduras no municipio

Pobra do Caramiñal, 1 de marzo de 2011. Os socialistas da Pobra denunciaron onte  en nota de prensa novos cheiros e mal funcionamento da estación depuradora , que verte augas de cor marrón, o que indica que están mal depuradas.

Nota íntegra:

"Os socialistas non paramos de asombrarnos cas falacias cas que pretende enganar o Sr. Maceiras á opinión pública en xeral. Recoñecer que as augas do emisario da depuradora son de cor marrón, e quedarse tan tranquilo, nos parece dunha enorme irresponsabilidade ou dunha manipulación extraordinaria. Agora resulta que  unha fuga na tubaxe que leva a auga teoricamente “depurada” a Ría descubrimos que non é transparente. ¿Desde hai canto tempo está ocorrendo isto? O resultado é que a EDAR da Pobra depurar non depura a xulgar polas evidencias. 

Meses atrás as Xuventudes Socialistas da Pobra  denunciaban que o funcionamento da edar non era o correcto. Os cheiros que desprende son un claro sinal do mal funcionamento de esta. Aínda que está pensada para uns 30.000 habitantes está mal concibida pois un dos tratamentos mais importantes non está presente, trátase da decantación primaria. 

Un auga depurada cos seus correspondentes pasos pola EDAR, nunca pode saír doutro cor que non sexa o da auga, é dicir incolora. Todo fai indicar que unha vez que a auga sae do tratamento biolóxico, non é tratada con tratamento de cloro para eliminar as bacterias do anterior tratamento nin algúns residuos que levan as augas residuais como patóxenos, sales disoltas ou afino. 

Un auga marrón, aínda que o Sr. Alcalde diga que non é un vertido, é un auga que o saír contaminada ten efectos nocivos sobre todo na riqueza marisqueira, acuicultura e pesca. 

Por outra banda sorpréndenos que se declare como algo normal que sigan chegando as augas do polígono industrial a unha EDAR deseñada exclusivamente para depurar augas residuais urbanas. Non nos cansaremos de repetir que estas augas ó ser moito más ricas en determinados nutrientes, e que existen distintos procesos de elaboración, polo tanto se xeran distintos produtos de desfeito, cuestión pola cal non se poden tratar nin mezclar na mesma depuradora.  

Esta edar, esta deseñada para eliminar a auga residual dos veciños, non das industrias sen pre depuración. Parecerá que isto é unha nimiedade pero a realidade é que os vertidos e desfeitos que verten as empresas non son nin o mesmo nin na mesma cantidade que os usos domésticos. 

Por todo isto esiximos que dunha vez por todas se acondicione a EDAR con todos os procesos dunha planta depuradora que cumpra ca súa función, con unha instalación de decantamento primario e que se lle esixa as empresas radicadas na Pobra unha pre depuración das augas xa que o medio ambiente non entende de aforrar e se está a prexudicar economicamente ó sector marisqueiro e pesqueiro".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical