1.3.11

Ribeira: o curso de escultura de Carreira xa ten 14 alumnos e este venres inaugúrase mostra escultórica en Porto do Son

Ribeira, 1 de marzo de 2011. O curso de escultura para adultos que imparte o artista Jontxu Argibay en Carreira está sendo "un gran éxito", en verbas do mesmo, xa que "vai vento en popa dende o pasado mes de xaneiro e contamos xa con 14 alumnos ata a data". Todos os que aínda se queiran apuntar están a tempo pois é un curso aberto. Impártese de luns a mércores de 20:30 a 22:00 na casa da cultura de Carreira.

Exposición en Porto do Son

O vindeiro venres dia 4 de marzo, ás 19:30 horas, inaugúrase no centro de Interpretación do Castro de Baroña unha exposición retrospectiva da obra de Argibay, titulada "Jontxu Argibay: Arteleira", na que se poderán ver as obras escultóricas máis aprezadas polo público dende hai case 11 anos e que saíron deste obradoiro "que segue tendo que dicir no mundo do arte, e que intenta demostrar que é posible seguir loitando e intentando educar no mundo da escultura coa ampliación como centro de clases de escultura", explicou o artista ribeirense.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical