2.3.11

Ribeira: case 200 escolares asistiron á presentación da campaña de condución segura que promociona Jabon Blue

Ribeira, 2 de marzo de 2011. Preto de dous centos de estudantes de cuarto de ESO e de primeiro e segundo de Secundario de tiveron oportunidade de asistir esta mañá, no Auditorio Municipal, á presentación da campaña Libre de Alcol, Libre de Preocupacións 2011, que promove a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. 

Esta iniciativa, nacida co gallo de sensibilizar á mocidade galega acerca da importancia de non mesturar alcol e condución, ten no grupo Jabon Blue ao seu principal comunicador, xa que a actuación máis importante desta campaña consiste na proxección dun videoclip do tema Flores en la carretera (que deu título ao último disco da formación riverense) á hora do peche de pubs, discotecas e demais locais de ocio nocturnos das zonas de marcha de toda a Comunidade Autónoma.


Precisamente por iso estiveron presentes no acto desta mañá dous dos integrantes de Jabon Blue: Javi Maneiro, vocalista do grupo, e Kuervo, guitarrista. Ambos deron aos asistentes (rapaces pertencentes aos centros educativos A Milagrosa, Galaxia, Bayón e Número 1) un miniconcerto acústico no que os espectadores non dubidaron en corear e aplaudir as tres cancións ofrecidas (Flores en la carretera, Cacareando”e Cuando el silencio suena) e mesmo algún rapaz se subiu ao escenario para acompañar a Javi Maneiro. 

Con anterioridade, os concelleiros de Cultura e de Turismo, Vicente García e Luciano Fernández, así como o director xeral de Xuventude da Xunta, Ovidio Rodeiro (tamén estivo a subdirectora xeral de Promoción de Actividades, Yolanda Otero), fixeran a presentación do acto, expoñendo as razóns e propósitos desta iniciativa.  

Despois do miniconcerto e tras a proxección de catro mensaxes de recomendación a cargo doutros tantos recoñecidos artistas galegos (Xosé Touriñán, Manuel Manquiña, Luis Zahora e Roberto Villar), tivo lugar a proxección en pantalla grande do videoclip protagonista da campaña, que como recordou Vicente Garcá fora gravado coa colaboración do Concello en distintos puntos da comarca como a serra de Barbanza, a autovía e o faro de Corrubedo e contou coa colaboración do mencionado Manquiña e de Luis Cobos. 

Aínda quedaría tempo para repetir a proxección do videoclip (esta vez na súa versión karaoke e con actuación  incluída de tres rapaces que se subiron ao escenario para cantar o tema) antes de rematar o acto coa entrega de copias en dvd do videoclip a todos os asistentes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical