Mobilizacións, escritos, reunións: nada foi efectivo en máis de dous anosRibeira, 2 de marzo de 2011. O comité de empresa do Hospital da Barbanza reuniuse estes días con políticos de todas as cores, para ver ata que nivel de compromiso chegan -e xa que estamos en plena precampaña municipal- para solucionar dunha vez a discriminación deste centro de saúde con respecto ao resto da rede do Sergas. Van aló máis de dous anos de conversas con tirios e troianos: irá desta volta adiante a lóxica e xusta petición da categoría de celador no hospital de referencia das bisbarras de Barbanza e Noia? A impresión do comité sobre a reunión cos políticos e as súas promesas:
Acuden á nosa chamada membros e representantes do BNG de Ribeira, coa súa candidata á alcaldía Dominga Brión ó frente, da Pobra con Rosana Pérez, de Pto do Son con Anxela Franco, do PSOE da Pobra con Teresa Guillán, de Boiro, con Juan Jesus Ares, PSOE de Riveira co seu candidato á alcaldía Andrés Fariña, o deputado polo PSOE Lage Tuñas, IPDR con Rosa Pose á cabeza, representantes do PP de Ribeira, contando coa presencia da concellala municipal Herminia Pouso..., suplindo o candidato alcaldable por Ribeira Manuel Ruiz....etc
Nesta ocasión o comité reúnese cos partidos políticos e os seus representantes tanto dos concellos coma das áreas de influencia do hospital como os deputados parlamentarios, para facerlles saber cales foron ata o de agora as súas mobilizacións e reinvidicacións no tema da falta de celadores:"Fixemos escritos ó valedor do pobo, entregamos firmas pedindo os celadores á Conselleira de Sanidade, concentracións no centro, asambleas de traballadores...etc, Neste momento estamos recollendo escritos dos traballadores a modo de reclamacións individuais para presentar ante a Xerente do Sergas, temos pensado tamén involucrar os usuarios...""Ós partidos políticos lles pedimos apoio para esta loita, o hospital leva máis de dous anos integrado no Sergas e carece da figura de celador, perxudicándose gravemente a outros colectivos, fundamentalmente as auxiliares de enfermería, que están sendo discriminadas pola conselleria de sanidade, ó ter que facer as súas tarefas e as tarefas que noutros centros realizan os celadores, por todo isto nos gustaría contar co seu apoio e por isto facemos esta xuntanza cos políticos da zona".
Manifestaron apoiar ó comité de empresa e os traballadores do centro, e incluso estiveron dacordo en colaborar na recollida de escritos dos usuarios, manifestaron o BNG e O PSOE.Dominga Brión e o seu partido di que todos os partidos deberían involucrarse e traballar xuntos para conseguir mellorar o hospital, conseguir esa dotación de celadores, facer eco destas reinvidicacións dos traballadores tamén entre os usuarios, asociacións...etc, manifestando o seu apoio co comité de empresa.
O candidato á alcaldía de Ribeira polo PSOE, Andrés Fariña, dinos que sería acertado falar e involucrar á mancomunidade de veciños de Arousa Norte, para obter así unha boa resposta por parte dos usuarios.
O Partido Popular fainos saber que o seu candidato á alcaldía de Ribeira non pode acudir por motivos de axenda pero si nos confirma que se reunirá en breve coa Xerente do Sergas, Rocío Mosquera, para tratar temas relacionados co noso hospital: os celadores, ampliación de servicios...etc".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario