Santiago de Compostela, 1 de abril de 2011. Xentes do mar da Ría de Muros e Noia voltaron hoxe a manifestarse para amosar a súa indignación pola instalación de gaiolas de cría de salmón en cautividade no polígono bateeiro Muros C que unha empresa norueguesa con escaso capital galego montou hai escasos días. Na mobilización voltouse a pedir a dimisión da Conselleira de Mar, Rosa Quintana, e incluso se lanzaron bengalas hacia os edificios administrativos que acubillan ao actual equipo de goberno da Xunta de Galicia, conformada polo Partido Popular. Esta é a segunda manifestación fronte a San Caetano e, se non se produce unha marcha atrás da consellería de Mar -que segue nas súas trece, dicindo que as gaiolas son perfectamente legais e sostibles medioambientalmente- non será a derradeira. Antes publicamos:
O PP clamaba na oposición contra as gaiolas de salmón que agora defende
Un milleiro de persoas, contra as gaiolas de salmón
Gaiolas de salmón na Ría: o Bng tamén se opón no Parlamento
O PP clamaba na oposición contra as gaiolas de salmón que agora defende
Un milleiro de persoas, contra as gaiolas de salmón
Gaiolas de salmón: manifestación espontánea na Ría contra elas
Gaiolas de salmón na Ría: o Bng tamén se opón no Parlamento
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario