Noia, 9 de abril de 2011. As xentes do mar de Muros e Noia seguen a mobilizarse contra a instalación de gaiolas de salmón no polígono bateeiro Muros C. A última -que non derradeira, segundo os organizadores- foi esta mesma tarde, á entrada e saída dun mitin que o Partido Popular -que goberna a Xunta de Galicia, máxima responsable de que se instalen estas granxas de salmónidos- tiña programado no pavillón Rosalía (ao pé da alameda) de Noia. As consignas coreadas e as pancartas eran similares ás levadas antes -xa en dúas ocasións- a San Caetano: "Gaiolas na ría non", "En defensa das nosas mariscadoras", "Conselleira non defendes ás mariscadoras de a pé"; "Imposición das gaiolas non"; "5.000 postos de traballo en perigo"; "Sector do Mar nas Rías si, Gaiolas non" ou "Produtos químicos fóra da Ría". En Facebook habilitouse un grupo chamado "Non queremos unha granxa de salmón na Ría de Muros!!" no que se produciu un intenso debate entre un defensor das gaiolas polos postos de traballo que vai xerar (segundo a Xunta e a empresa, arredor de 300) e o resto dos seareiros, que están en contra da instalación deste tipo de piscifactorías que precisan para o seu funcionamento numerosos antibióticos, como é ben sabido. No grupo de Facebook citado van ir sementando información sobre o asunto, para informar á poboación sobre o impacto ambiental das granxas de salmón, o beneficio económico deste negocio fronte ao beneficio repercutido na área de situación das gaiolas, a evolución do posicionamento dos grupos políticos respecto ao establecemento da granxa de salmóns da empresa North West Food e o tratamento da nova polos medios de comunicación. En Certo pesquisamos cada pouco na Rede e, mentres os ecoloxistas e científicos só atopan pegas a este tipo de instalacións, os da industria salmoneira adícase a facer marabillosos anuncios sobre as súas granxas. Deixámolos con alguén moi respectado á hora de facer documentais sobre o mundo do mar, un descendente de Cousteau:
Salmón de granxa: nada saúdable e insustentábel
http://youtu.be/1YD9KDE92J8
E se non lles chegou:
http://youtu.be/4ZBbYzyuwF0
Salmón de granxa: nada saúdable e insustentábel
http://youtu.be/1YD9KDE92J8
E se non lles chegou:
http://youtu.be/4ZBbYzyuwF0
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario