A Pobra, 28 de abril de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle o 26 de abril o anuncio da licitación da concesión para a instalación dunha estación surtidora de combustible para embarcacións e vehículos no porto coruñés da Pobra do Caramiñal. O concurso aberto derivará na elección da mellor oferta para a construción e explotación desta instalación. O prazo da concesión é de 25 anos prorrogables ata 30 e a presentación de ofertas por parte dos licitadores rematará transcurridos 30 días hábiles dende mañá. Pese a que este tipo de dotación e actividade non requiren a súa tramitación como procedemento aberto, Portos de Galicia opta pola convocatoria dun concurso público a fin de posibilitar a presentación do maior número de ofertas, de xeito que se garanta unha maior transparencia e calidade das propostas. O surtidor de combustible instalarase nunha zona ata o momento residual, que agora se porá en valor grazas a esta actividade, que prestará servizo aos usuarios do porto. No lugar elixido para a instalación prolongouse a escollera en dirección ao peirao actual, regularizando unha explanada que xa existía e baixo a que non se atopaba lámina de auga, senón escollera. Sen noticias do surtidor de Rianxo (será que goberna o Psoe?):
Gasoliñeira do mar: seis meses perdidos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario