Rianxo, 28 de abril de 2011.- Portos de Galicia comezará nos próximos días a execución das obras de mellora do edificio de servizos náuticos de Rianxo, que ocupa o club de piragüismo deste municipio coruñés. En concreto, a actuación consistirá na ampliación das instalacións, a través dunha nave anexa; a ampliación das instalacións do ximnasio; melloras para a zona de vestiarios e o interior da nave, así como a remodelación do seu exterior. O orzamento desta obra é de 52.411 euros e Portos de Galicia prevé un prazo de execución aproximado de dous meses. No que respecta á ampliación das instalacións, a nova nave anexa empregarase como almacén de piraguas, ubicado no costado oeste da actual edificación. O ximnasio do clube ampliarase nuns 50 metros cuadrados, de xeito simétrico ao existente. Na zona de vestiarios executaranse melloras como o repicado do pavimento de baldosa existente e o solado de baldosa de gres, alicatado, reforzo da instalación eléctrica, e instalación de novas portas de acceso, tanto aos vestiarios, como aos aseos. En canto ao interior da nave, tamén verá renovado o solado, con baldosa de gres; colocarase unha porta metálica de peche da zona de instalacións; reforzarase o suministro eléctrico con seis nova luminarias, e instalarase un novo termo eléctrico, entre outras reparacións. Finalmente, no exterior da nave, impermabilizaranse a cuberta e a fachada e acondicionaranse vidros e remates.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario