28.4.11

Ribeira: cortes na autovía do Barbanza en Palmeira e Ribeira para cambiar carteis este venres 29 de abril pola mañá

Media_httpfarm4static_fajhe

Ribeira, 28 de abril de 2011- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará mañá cortes de carrís na autovía do Barbanza (AG-11), á altura dos enlaces de Palmeira e Ribeira, entre as 9.30 e as 12.30 horas co fin de realizar modificacións na cartelería.

No enlace de Palmeira (pk 38) en dirección Ribeira, incluirase un pictograma de porto industrial e o texto de "porto de Ribeira" en tres sinais situadas na calzada e en cinco sinais ubicadas fóra da calzada. Para a execución destes traballos, realizarase un corte de carril dereito entre o pk 35+800 e 37+650 na calzada dereita, dende as 9.30 ata as 11.00 horas.

No enlace de Ribeira, na saída da autovía, engadirase o destino "Porto do Son" na bandeirola situada no pk 39+910 en dirección Ribeira e nun cartel frecha na glorieta de Xarás. Estes traballos, que se levarán a cabo entre as 11.30 e as 12.30 horas, precisan dun corte de carril entre os pk 39+350 e 39+950 en dirección Ribeira. Trátase dunha zona de calzada única e cun único carril por sentido, polo tanto darase paso alternativo aos usuarios da vía mediante dous sinalistas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical