26.4.11

Porto do Son: os independentes de Porto do Son xa teñen web

P4257135

Porto do Son, 26 de abril de 2011. O Candidato a Alcaldía do AVS (Asociación Veciñal de Porto do Son), Javier Quiñoy Taboada, presentou páxina web da súa candidatura cara os vindeiros comicios electorais do 22 maio de 2011.

Con esta ferramenta TIC, o Partido AVS "busca unha nova canle de comunicación coa veciñanza sonense co gallo de escoitar e valorar o que consideran prioritario para este concello", aseguran dende esa formación política.
Na páxina web encontraranse catro apartados e tamén un enlace á rede social Facebook. A páxina está en galego e castelán.

Nesta páxina atopase un teléfono de contacto e un correo electrónico info@avsportodoson.org onde os veciños sonenses e internautas en especial, poden plantexar, presentar ou suxerir propostas que consideren importantes para a súa parroquia ou en xeral para o Concello.

Web de referencia:
www.avsportodoson.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical