Ribeira, 14 de abril de 2011.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avanzou hoxe que a Xunta construirá unha escola infantil pública da rede “Galiña Azul” na localidade de Ribeira. Esta nova infraestrutura porase a disposición das familias do concello un total de 74 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Así llo trasladou hoxe a titular do departamento autonómico ao alcalde desta localidade, José Luis Torres Colomer, nunha xuntanza mantida en Santiago de Compostela.Durante esta reunión, Mato informou ao rexedor municipal de que as previsións coas que traballa a Consellería é que se poña en funcionamento cara a finais de 2012.
En concreto, a escola infantil disporá dun total de 5 unidades e contará cun investimento mínimo de 700.000 euros por parte da Administración autonómica.
Ao respecto, Mato lembrou que a construción desta escola enmárcase na planificación que está a desenvolver a Consellería de Traballo e Benestar, a partir do Plan de Actuación Social 2010-2013, e que ten entre os seus obxectivos o de incrementar en 4.500 as prazas públicas en escolas infantís de Galicia nesta lexislatura.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario