Bandeira azul e distintivo "Q", na praia das Catedrais (Ribadeo, Lugo)
Boiro, 26 de maio de 2011. O Concello de Boiro manifestou, a través do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e da Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, a súa satisfacción pola concesión, un ano máis, de cinco bandeiras azuis para as praias do municipio, concretamente as de Barraña, Carragueiros, Mañóns, A Retorta e Saltiño-Barraña-Esquerda. Esta enseña garante non só a calidade das augas, a area e a limpeza dos areais, senón tamén outros servizos como poden ser duchas, baños ou servizos de salvamento e socorrismo.
O Concello de Boiro leva feito un importante esforzo para incrementar os servizos nas súas praias, sendo unha das actuacións máis destacables a dotación de “puntos accesibles” para persoas discapacitadas ou con mobilidade reducida nas praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e este ano estrearemos outros dous puntos na praia de Barraña; un situado en Praia Xardín (fronte ao restaurante Galeón) e outro a carón do área deportiva de Barraña.
Estes puntos contan, entre outras cousas, con aparcadoiro, duchas e aseos adaptados, unha pérgola que constitúe unha zona de sombra, así como cadeiras anfibias e muletas. O persoal de socorrismo tamén está dispoñible para axudar a estas persoas e atender as súas necesidades.
Bandeiras azuis: suman 3, restan 2
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario