Así llo confirmou Portos de Galicia ao Bng nunha resposta parlamentaria. Bieito Lobeira cuestionou este anuncio ao non estar aínda redactado o proxecto da lonxa de Ribeira, circunstancia que provocará –na súa opinión- “un importante retraso”
Ribeira, 26 de maio de 2011. No transcurso dunha pregunta parlamentaria ao Goberno relativa ás previsións de mellora do porto de Ribeira formulada polo portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira, o director de Portos de Galicia confirmou que “as obras darán comezo tralo verán”. En relación ao anuncio da posta en marcha, no ano 2013, da nova lonxa de Ribeira, Lobeira asegurou que “o proxecto aínda non está redactado” o que producirá “un importante retraso” no seu funcionamento no ano previsto.
Imaxe virtual da lonxa ribeirense, prometida en cada campaña electoral Asemade, o deputado tamén se interesou pola mellora dos pantaláns de embarcacións menores que debido o seu deterioro provocaron varios accidentes de usuarios. Neste sentido, o director de Portos de Galicia afirmou que as obras estarán rematadas despois do verán. Para o deputado do BNG, que o porto de Ribeira estea considerado o primeiro porto de baixura de Europa non se corresponde coa vontade do Executivo galego de “actuar e respectar os prazos previstos nas súas melloras”. Lobeira criticou a redución orzamentaria destinada a dotar de infraestruturas básicas ao sistema produtivo do mar e dedicar máis partidas para a “mellora do atractivo do litoral galego” como evidencian orzamentos que manexa Portos de Galiza. A este respecto engadiu que, o “BNG non é antiturismo” pero considerou que a prioridade é a mellora das condicións que permitan o potenciamento dun sector fundamental para a economía galega como son a pesca e o marisqueo. O parlamentario nacionalista concluíu a súa intervención preguntando pola data de entrada en funcionamento do paradoiro para embarcacións menores” de pequeno porto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario